Ruta do Viño Ribeira Sacra
As ribeiras, as adegas, a vendima, os viticultores, os depósitos, as trasfegas, as cubas... Todo un mundo esperando ser descuberto!
Coñecerás aldeas perdidas no tempo, pequenas adegas cheas de encanto e adegas, máis grandes, coa última tecnoloxía en vinificación. Catarás viños auténticos elaborados con toda a atención do adegueiro e viños experimentais que supoñen un reto para o elaborador. Pasarás noites en aloxamentos de ilusión. Comerás en restaurantes onde, aínda que non o creas, non cociñan nin a túa nai nin a túa avoa e outros nos que a innovación tamén é unha opción na carta. Surcarás ríos baixo o voo das aguias. Darás paseos entre as néboas de primeira hora que deixan esporas de maxia nas augas a media mañá. Deixaraste guiar polo son dos paxaros e confirmarás que esta ribeira ten algo de sacra.
A través da Ruta do Viño da Ribeira Sacra poderás descubrir toda unha selección de establecementos tematizados que apoian a súa actividade na tradición vinícola da rexión.
Podes obter máis información en Ruta do Viño Ribeira Sacra