Galería
Galería

Festas

A maxia que envolve cada recuncho de Ribeira Sacra ten a súa máxima expresión nalgunha das múltiples festas que se celebran nos distintos municipios.

Hai celebracións asociadas principalmente ao lume, ao entroido ,aos oficios tradicionais e a exaltación do viño e outros produtos gastronómicos. Por suposto tamén teñen gran importancia as romarías, festas que comezaron tendo un carácter relixioso e comercial e que hoxe son un importante punto de reunión para gozar da comida, a conversación e o viño.

Algunha destas celebracións están declaradas como Festa de Interese Turístico de Galicia, como a Feira do Viño de Amandi en Sober ou o Folión de Carros en Chantada, celebración cuxa orixe se remonta a Idade Media e que representa os oficios e tarefas agrícolas desempeñadas na zona. Tamén recibe este distintivo a " Festa dás Fachas de Castelo" en Taboada, onde locais e visitantes constrúen un gran facho de palla e o seu lume ilumina a noite.

Aquí propoñémosvos un listado coas principais festas que se celebran en distintos municipios da Ribeira Sacra.

 

A Teixeira

Festa do Viño Novo, mes de novembro

A Pobra do Brollón

Feira del viño de Vilachá, 1ª fin de semana de maio
Oso de Salcedo, luns de entroido

Carballedo

Festa da carne ao caldeiro, 2º domingo de abril. 

Chantada

Entroido Ribeirao
Feira do viño de Chantada, 2ª fin de semana de marzo
Festa da empanada de Chantada, ultimo día das Festas Patronais (martes), que comezan o 4º fin de semana de agosto
Folión de carros, cuarto sábado de agosto. Festa de Interese Turístico.
Romaría do Faro 15 de agosto e 8 de setembro.
Romería de San Lucas. 18 de Outubro

Feiras 5 e 21 de cada mes. 

Castro Caldelas

Fachós de Castro Caldelas,19 de xaneiro

Montederramo

Festas da Asunción, os días 14, 15 e 16 de agosto.

Festa da carne, 12 de outubro

Monforte de Lemos

Romaría de San Mateo 21 setembro

Nogueira de Ramuín

Magosto de San Martiño, 11 de novembro

Pantón

Feira do viño de Pantón, 1º domingo de xuño
Romaría de Augas Santas

O Saviñao

Entroido Ribeirao

Romaría de Diomondi

Parada de Sil

San Ramón, 31 de outubro

Magosto de San Martiño en Sacardebois, 12 de novembro

Romaría de San Benito

Paradela

Festa da Terneira Galega, 15 de maio

Portomarín

 

Festa do augardente, 1º domingo de Pascua

Domingos folclóricos, mediados de agosto

Festa de la angula, 6 de setembro

Quiroga

Feira do Viño, domingo de Pascua

Mostra do aceite, entre febreiro e marzo

Mostra da Mel, 10 de agosto

Ribas de Sil

Festa de la cereixa e do aceite, 2º fin de semana de xuño.

Romaría de S. Clodio, 30 y 31 de outubro

Sober

Feira do viño de Amandi, Domingo de Ramos

Romaría de Cadeiras

Festa de la Rosca, 12 de agosto

Taboada

Festa del caldo de ósos, domingo de carnaval.

Festa das Fachas de Castelo, 7 de setembro

Xunqueira de Espadanedo 

Felos de Pardeconde, Entroido. 

Sábado Longo, Semana Santa. 

Ver máis...

COÑECE AS CELEBRACIÓNS MÁIS EMBLEMÁTICAS DA RIBEIRA SACRA