Galería
Galería

Enoturismo

O viño é a sinal de identidade de Ribeira Sacra. A produción desta bebida, así como o cultivo da vide foi introducida polos colonizadores romanos nestas terras fai máis de dous mil anos. Posteriormente foron os monxes cristiáns quen tomaron o relevo desta actividade e na actualidade a súa produción segue sendo o motor económico da comarca.

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra creouse no ano 1997 e posúe unha superficie de máis de 1.500 hectáreas adicadas a viñedos, o que supón máis do 5% do total do chan galego destinado a produción de viño. Ribeira Sacra divídese en cinco subzonas de cultivo: Chantada, Ribeira do Mino, Amandi, Ribeira do Sil e Quiroga-Bibei.

Na elaboración do viño destacan as variedades de uva mencía, brancellao e merenzao para os tintos e godello, albariño e treixadura para caldos brancos. Son fundamentalmente viños novos, aínda que se producen tamén tintos de crianza. 

Os amantes do viño teñen en Ribeira Sacra un paraíso do que sacar moito proveito, xa que poden realizar visitas guiadas a adegas, facer catas de viños e aprender acerca da produción dos caldos. Ademais tamén existen lugares como o Centro do Viño de Monforte de Lemos ou o Viñobus, que ofrecen outras maneiras de achegarnos a este mundo.

Enoturismo

Ver máis...

Localiza os lugares nos que desfrutar dun bo viño ou dunha visita guiada