Búskalo en Ribeira Sacra

Dous escape room para descubrir Ribeira Sacra dun xeito divertido. A actividade realízase íntegramente no exterior, polo que é ideal para familias e grupos de amigos ou unidades de convivencia. 

·  IRMANDIÑOS, A ÚLTIMA BATALLA

Un grupo de investigadores acaba de descubrir a maneira de retroceder no tempo e contrátavos para tentar cambiar o resultado dunha batalla de hai 5 séculos. Un reto que debedes de realizar antes de que se poña o sol ou verédesvos atrapados nun bucle de espazo temporal do que non poderedes volver xamais...


· O LIBRO SACRO

Un terrible problema cun axente contaminante ameaza a Ribeira Sacra. O reto debédelo de realizar antes de que se poña o sol para non contaminarvos. Sede conscientes que é posible que quededes en corentena...


" Búskalo en Ribeira Sacra" é un programa de xogos de escape exterior que se desenvolven en diferentes puntos de interese dentro deste xeodestino.

Cada grupo, de 2 a 6 participantes, dispoñerá dunha mochila con moitos compartimentos e unha aplicación móbil coas que terán que atopar pistas, abrir múltiples cadeados e recoller imaxes das localizacións para investigar que foi o que aconteceu.

Combina pistas de procura, outras baseadas na natureza, outras arquitectónicas e tamén os sons e as imaxes serán claves para desvelar o que esconde cada un dos emprazamentos.

Pero ante todo, o enxeño, a creatividade e o traballo en equipo terán que imperar.

Non podemos desvelarvos moito máis da misión... O resto queda nas vosas mans.


Pica na foto para acceder á web de información e reservas.

RESERVA

Cómo chegar Cómo chegar