Miradoiros das Ribeiras do Miño

Ao longo do trazado do río Miño ao seu paso pola terras da Ribeira Sacra poderemos atopar unha serie de espectaculares miradoiros. Permitirannos desfrutar dunhas inmellorables vistas deste río e das caprichosas formas que foi modelando ao longo do tempo. Tamén poderemos observar amplas explotacións vitivinícolas e grandes bosques autóctonos entre os que se agochan antigos mosteiros e capelas

Non o perdas!

Se estás pensando en facer unha ruta en coche polos miradoiros de Ribeira Sacra, recomendámosche a Ruta dos Miradoiros.