Mosteiros e outro patrimonio relixioso
Os mosteiros, así como o resto de patrimonio relixioso, son unha das maiores xoias de Ribeira Sacra. Estas edificacións relixiosas envoltas en espectaculares paisaxes, arte e historia, convértenas en lugares máxicos onde xorden todo tipo de lendas.
En 1124 a raíña dona Teresa de Portugal emprega a denominación Rivoyra Sacrata no documento fundacional do Mosteiro de Montederramo. O termo, antecedente do actual Ribeira Sacra, fai alusión á abundante presenza de mosteiros e ermidas que desde o século V comezaron a poboar os vales dos ríos Sil e Miño.
O paso de ordes relixiosas deixou un rico legado de mosteiros do que podemos gozar hoxe. Aquí che ofrecemos información sobre os principais mosteiros e outros monumentos de interese.
Podes consultar un recorrido recomendado para coñecer os mosterios pinchando aquí