Ruta dos Mosteiros
Os mosteiros son unhas das maiores xoias de Ribeira Sacra. Diferentes estilos, distintas dimensións, nas ribeiras dos ríos ou no interior,... Son numerosos os complexos que aínda se conservan en pé, polo que non se dan visitados todos nun día, así que descúbreos con este percorrido de dous días pola Ribeira Sacra máis espiritual. (Por suposto, se prefires podes escoller só un dos dous percorridos)
Segue todas as recomendacións que realizamos nos roteiros para non perderte detalle... E, lembra que, do mesmo xeito que o resto de itinerarios recomendados do apartado principal, as rutas están planificadas para que se poidan realizar durante todo o ano, tendo en conta as horas de luz e os horarios de apertura regulares dos monumentos.
Accesibilidade
Non o perdas!
Se che interesa o patrimonio relixioso, podes botar unha ollada tamén á Ruta do Románico.