Galería
Patrimonio do Canón do Sil
Esta paraxe destaca non son polas súas vistas e os seus viños, se non que tamén o fai polo seu rico patrimonio histórico e artístico. Mosteiros, igrexas, capelas, tumbas escavadas na rocha... Son algunhas das mostras da historia que poderemos atoparnos na nosa visita ao Canón do Sil
O Canón do Sil posúe unha gran riqueza patrimonial en canto a construcións relixiosas se refire. Os primeiros monxes eremitas que se asentaron aquí levaban unha vida solitaria de meditación e rezo. Co paso do tempo comezaron a formar pequenas agrupacións que deron como resultado a formación dos primeiros mosteiros que máis adiante resultaron nas grandes edificacións que hoxe podemos contemplar.