Gastronomía
Ademais da paisaxe e os indubidables atractivos histórico-artísticos, un dos puntos fortes de Ribeira Sacra- extensible a toda Galicia- atopámolo nunha ampla gama de produtos locais de altísima calidade, moitos deles distinguidos con marcas de garantía na súa orixe e que podemos degustar nos restaurantes e casas rurais da zona, presentados en exquisitos pratos tradicionais.
Como boa terra de interior, a especialidade de Ribeira Sacra é unha carne de gran calidade. Hai que sinalar a importancia histórica da matanza do porco que durante todo o ano abastecía ás familias de diferentes produtos. Androllas e botelos, chourizos, xamóns, salchichóns ou morcillas son algúns dos produtos característicos que se poden comprar e degustar en toda a zona.
Ademais da carne de porco, a carne de tenreira, o cabrito, cordeiro e carne de caza menor e maior (en tempada) destacan tamén polas súas excelentes características. Todos eles acompañados de cogomelos que podemos recoller en gran cantidade e variedade durante o outono, convértenos en manxares á nosa enteira disposición.
Dentro das sobremesas é necesario sinalar a Bica mantecada de Castro Caldelas, unha apreciada sobremesa típica deste concello próximo a terras da montaña de Manzaneda e Queixa, moi estimado na zona e en toda Galicia. Xunto a ela, outros produtos de gran calidade constitúen excelentes sobremesas para culminar unha boa comida: cereixas, castañas e mel son produtos moi valorados.
Mención especial merece o viño. O seu cultivo en Ribeira Sacra remontase a hai mais de 2.000 anos (foi introducido polos romanos), sendo un elemento chave da colonización monástica en toda Ribeira Sacra. Foron os monxes quenes o cultivaron e perfeccionaron, comezando a modelar a extraordinaria paisaxe cos bancais que vemos na actualidade e difundíndoo as cidades.
Hoxe a produción de viño e un importante motor de desenvolvemento económico para Ribeira Sacra, ao mesmo tempo que un poderoso sinal de identidade.
A creación da Denominación de Orixe Ribeira Sacra en 1997 e dun Consello Regulador cun rigoroso control da produción, supuxo un poderoso estimulo para un incremento, non so da cantidade, senón tamén da calidade do viño.