Golf e hípica
CENTROS DE HÍPICA
Equinoterapia, paseos dacabalo, rutas nocturnas, excursións con comida no campo, baños dacabalo, clases de equitación...De todas estas actividades e moito máis poderás gozar nos dos centros de hípica existentes na Ribeira Sacra, localizados nos termos municipais de Monforte de Lemos e Taboada.
CAMPOS DE GOLF
Entre ríos e augas mineiro-medicinais atópanse os dous campos de golf que existen en Ribeira Sacra. Cunhas características envexables e nunha contorna privilexiada, localízanse nos concellos de Pantón e Monforte de Lemos. De 9 a 18 foxos e con senllas escolas de golf, son un lugar propio para aprender e perfeccionar na técnica deste deporte.
Clases particulares, pista de pádel, circuíto de minigolf..., son algúns dos servizos complementarios que ofertan ambos os campos. Non esperes máis para descubrilos!
Ver mapa interactivo