A Caída da Folla 2026
O outono chega a Ribeira Sacra e, con el, unha nova edición de A Caída da Folla. Descobre as primeiras actividades e permanece atento/a: proximamente haberá novas propostas.
Máis información no teléfono +34 638 823 592 ou no correo electrónico turismo@ribeirasacra.org
Actividades de carácter promocional con prezos patrocinados con cargo ao Convenio coa Axencia de Turismo de Galicia 2026.
SÁBADO, 11 OUTUBRO
Cestas e ao bosque! (Portomarín e Paradela). Macrolepiotas, lactarius, boletus... imos ao monte en busca de cogomelos, para coñecelas, distinguilas e colleitar as máis saborosas. E, ademais de recollida, haberá menú degustación. Bo proveito!
Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe tentempié a media mañá e xantar; taller de micoloxía (unhas 4 horas); saída ao campo para actividade micolóxica (unhas 3 horas); navalla; miniguía de peto (cogomelos) e sorteo de obsequios / Punto de encontro: Restaurante Adega das Cabanas (Portomarín)
DOMINGO, 18 OUTUBRO
Crea os teus propios perfumes naturais (San Xoán de Río). Descobre como combinar aceites esenciais para crear aromas únicos e aprende as bases da perfumería natural de forma práctica. Aprenderás a seleccionar e combinar os aceites esenciais, entender as notas olfativas e as proporcións e construír aromas equilibrados que teñan sentido. E levaraste á casa as túas 3 creacións (perfume en roll-on, en spray e sólido).
Prezo: 6 € / Horario: de 11:00 a 14:00 horas / Inclúe monitor taller, materiais necesarios, dossier explicativo e xantar saudable / Punto de encontro: Concello San Xoán de Río.
--
PRÓXIMAMENTE, MÁIS ACTIVIDADES…
--
INFORMACIÓN IMPORTANTE:
O número de prazas dispoñibles por actividade é de 15. A realización das mesmas está garantida a partir dun mínimo de 6 prazas.
Todas as actividades inclúen guías ou monitores especializados.
NON SE ADMITEN CAMBIOS NIN DEVOLUCIÓNS unha vez realizada a reserva e pago da mesma, salvo que a actividade sexa cancelada por parte do Consorcio de Turismo.
O programa está suxeito a modificacións ou cancelacións, especialmente se a actividade se ve afectada polas condicións meteorolóxicas. Recoméndase consultar información actualizada na Web ou chamar ao teléfono de contacto.
Actividades de carácter promocional con prezos patrocinados con cargo ao Convenio coa Axencia de Turismo de Galicia 2026.
MÁIS INFORMACIÓN: turismo.ribeirasacra.org | turismo@ribeirasacra.org | +34 638 823 592
RESERVAR