Rutas Fluviais
Percorrer o Cañón do Sil ou as ribeiras do Miño nalgunha das embarcacións que ofrecen estes servizos, é probablemente unha das mellores opcións para coñecer Ribeira Sacra. Deixámosche un cadro resumo, e se precisas máis información segue baixando:
RUTAS FLUVIAIS POLO SIL | ||||||
Empresa | Embarcadoiro | Prezo | Duración | Prazas | Reservas online | Teléfono |
Brandán (Adega Algueira) | Embarcadoiro de Abeleda (Castro Caldelas) |
20€ | 1h. 30' | 30 | 982 410 299 | |
Deputación de Lugo | Embarcadoiro Ponte do Sil (Monforte de Lemos) |
9€ | 2h. | 107-52 | Reservar online | 982 260 196 |
Siltrip | Embarcadoiro de Os Chancís (Sober) |
18€ | 1h. | 12 | Reservar online | 982 460 714 |
Viajes Hemisferios | Embarcadoiro de Santo Estevo (Nogueira de Ramuín) |
12€ | 1h.30' | 95 | Reservar online | 620 900 265 |
Viajes Pardo | Embarcadoiro de Abeleda (Castro Caldelas) |
13€ | 1h.45' | 70 | Reservar online | 988 215 100 |
FLUVIAIS POLO MIÑO | ||||||
Empresa | Embarcadoiro | Prezo | Duración | Prazas | Reservas online | Teléfono |
Deputación de Lugo | Embarcadoiro de Belesar (O Saviñao) |
9€ | 1h.45' | 63 | Reservar online | 982 260 196 |
Quinta Sacra | Embarcadoiro de Pincelo (Chantada) |
15+12 | Rutas a medida | 637 478 260 | ||
Turismo de Pantón | Embarcadoiro de Maiorga (Pantón) |
12 | Rutas a medida | 676 397 665 | ||
Sacra Activa | Embarcadoiro de Belesar (O Saviñao) |
20€ | 1h.15' | 11 | Reservar online | 609 802 485 |
Durante os anos 50 e 60 construíronse os catro encoros desta zona: Belesar e Os Peares no río Miño, e San Pedro e Santo Estevo no Sil, que fan que as súas augas sexan navegables.
No río Sil encontraredes os embarcadoiros de Santo Estevo (Nogueira de Ramuín), Abeleda (Castro Caldelas), Ponte do Sil (Monforte de Lemos) e Os Chancís (Sober).
E no río Miño encontraredes o embarcadoiro de Belesar (O Saviñao), de Maiorga (Pantón), dos Peares (Carballedo) e de Pincelo (Chantada).
Ademáis das rutas fluviais son varios os deportes naúticos que se poden practicar nesta zona, como piragüismo, kaiak, paddle surf ou simplemente gozar dalgunha das praias fluviais.
DO 17 DE XULLO AO 30 DE AGOSTO, SERVIZO DE LANZADEIRAS GRATUÍTO PARA CHEGAR AOS EMBARCADOIROS DE PONTE DO SIL E ABELEDA.
Máis información (rutas, frecuencias e reservas) en LANZADEIRAS VERÁN 2024.