Natureza, paisaxe e viño
A singularidade de Ribeira Sacra vén dada polos seus espazos naturais. Os impresionantes canóns do Sil e do Miño conteñen unha espectacular riqueza ambiental na que se desenvolveu un valioso patrimonio histórico. O viaxeiro sente unha fonda comunión coa natureza e a fusión coa paisaxe. Isto explica a ocupación deste territorio desde hai séculos por monxes e ermitáns, que buscaban unha contorna natural única para meditar.