Irmandiños, a última batalla
Un grupo de investigadores acaba de descubrir o xeito de retroceder no tempo e contrátavos para intentar cambiar o resultado dunha batalla de hai 5 séculos. Un reto que debedes de realizar antes de que se poña o sol ou verédesvos atrapados nun bucle de espazo temporal do que non poderedes voltar xamais...
"Irmandiños, a última batalla".
Trátase da primeira ruta de "Búskao en Ribeira Sacra", un pograma de xogos de escape exterior que se desenvolven en diferentes puntos de interese dentro da Ribeira Sacra.
Cada grupo, de 2 a 6 participantes, disporá dunha mochila con moitos compartimentos e unha aplicación móvil coas que terán que atopar pistas, abrir múltiples cadeaos e recoller imaxes das localizacións para resolver un feito real que aconteceu nestas terras hai máis de 500 anos. Combina pistas de búsqueda, outras de realidade aumentada e tamén os sons e as imaxes serán claves para desvelar o que agocha cada un dos emprazamentos. Pero ante todo, o enxeño, a creatividade e o traballo en equipo terán que imperar.
Non podemos desvelar moito máis sobre a misión... O resto queda nas vosas mans.
Xa estamos a traballar no segundo xogo de "Búskao en Ribeira Sacra"...
INFORMACIÓN SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO XOGO:
- Recoméndase realizalo en grupos de 2-6 persoas
- O xogo desenvólvese en diferentes escenarios de Ribeira Sacra que figuran xeolocalizados na APP que vos descargaredes para comezar a misión.
- En cada escenario hai un tempo de resolución máximo que será cronometrado e computado no total.
- Poderedes facer as paradas que consideredes para comer, tomarvos un refixerio ou visitar algún recurso de interese no traxecto. Eses tempos non se teñen en conta para o resultado do xogo.
- O tempo mínimo estimado para cumprir a misión é de 4 horas (sen contar desprazamentos en coche/moto, nin paradas á marxe das indicadas).
- Cada grupo dispón dun máximo de 10 horas para finalizar a misión e entregar a súa mochila.
- Se conseguides resolver a misión, o tempo das vosas probas pasará a formar parte dun ranking. Os máis rápidos liderarán a clasificación.
- Recoméndase comezar o xogo entre as 10:00 e as 12:00 h para dispoñer de toda a xornada.
- A devolución de mochilas vaise a realizar antes das 21:00 h.
- Necesitaredes coche ou outro vehículo para os desprazamentos entre as diferentes paradas establecidas. En cada unha delas realizaredes traxectos curtos camiñando.
- Para todos os públicos. É unha actividade na que poden participar nenos en compaña de adultos, de feito está especialmente pensado no turismo familiar
- Aconséllase vestir con roupa e calzado cómodos.
- As mochilas estarán dispoñibles calquera día do ano.
- Prezo de aluguer da mochila: 30 €
- A reserva da mochila podedes facela enviando un correo a turismo@ribeirasacra.org ou no 638 823 592.
O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra non se fai responsable do mal uso dos elementos do xogo nin das imprudencias nas que poidan incorrer os participantes.
A todos os elementos situados nos emprazamentos nos que se desenvolven as diferentes probas accédese sen maior dificultade (algunha pista non é accesible en cadeira de rodas ou con carriño de bebé).
Os nenos han de estar sempre baixo a estrita supervisión dun adulto na realización do xogo.
Establécese unha fianza de 50 € que será entregada á devolución da mochila. En caso de non entregar a mochila ou facelo en mal estado, valorarase o cobro desa fianza.
"Búskao en Ribeira Sacra" é unha actividade promovida polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e financiada en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia. O seu prezo está patrocinado.