Xogos e salas de escape
Como forma de coñecer un territorio, un oficio ou siemplemente para pasar un intre divertido...
Nesta sección mostrámosche todas as alternativas de xogos de escape e escape room que poderás atopar en Ribeira Sacra.
- Búskalo en Ribeira Sacra. Un xogo de escape exterior, unha forma completamente distinta de coñecer Ribeira Sacra. Avanzarás no xogo a medida que te desprazas coñecendo o destino. Actualmente, hai dous xogos en activo: Irmandiños, la última batalla e El Misterio del Libro Sagrado.
- El Secreto del Monje. Outro xogo de escape no exterior, pero esta vez nun viñedo. Unha mestura de yinkana, procura do tesouro e escape room.
- Hall escape Niñodaguia. O primeiro hall escape permanente nun museo de España. Aquí o fin non é escapar, se non resolver un enigma; unha maneira moi divertida e didáctica de coñecer sobre un dos oficios tradicionais de Ribeira Sacra, a olería de Niñodaguia.
- La Búsqueda Escape Room. Foron os pioneiros, a primeira sala de escape nunha casa de turismo rural de España. Actualmente conta con 3 salas con distintas temáticas, ceas cluedo... e unha infinidade de actividades relacionadas co escapismo.
- Aventura en el Camino Escape Room. Ambientada no Camiño de Santiago e situada nun dos seus puntos neurálxicos, Portomarín. Toda unha experiencia para peregrinos e visitantes!