Miradoiros do Canón e Ribeiras do Sil
Ao longo do Canón do río Sil ao seu paso pola Ribeira Sacra existe unha ampla rede de miradoiros en ambas beiras. Moitos deles sitúanse nas zonas máis elevadas do Canón, permitíndonos observar tanto o encaixado percorrido do Sil, como as terras que se estenden ao seu arredor. Poderemos ver tamén mosteiros agochados, grandes extensións de viñedos e impresionantes fervenzas.
Non o perdas!
Se estás pensando en facer unha ruta en coche polos miradoiros de Ribeira Sacra, recomendámosche a Ruta dos Miradoiros.