Sendeirismo no Canón do Sil
O Canón do Sil e os seus arredores ofrécennos un entorno inmellorable para a práctica do sendeirismo. As súas marabillosas paisaxes e riqueza faunística e patrimonial motivarannos a seguir camiñando para coñecer o maior número de atractivos posible.
Esta zona da Ribeira Sacra oferta unha gran cantidade de sendeiros, moitos homologados, que poderemos realizar no transcurso dun solo día. Estas rutas levarannos dende as planicies dos arredores ata o máis profundo do Canón, dende prados e pastos ata densos bosque ou dende antigos mosteiros ata tradicionais pobos.
Non o perdas!
Recomendámosvos equiparvos adecuadamente para a práctica deste deporte e que levedes as rutas descargadas nun dispositivo GPS ou no móbil. En varios dos lugares polos que pasan as rutas é posible descansar, facerse con algo de auga e comer algún petisco.