Castelos e Pazos

En Ribeira Sacra aínda se conservan numerosos exemplos de vivendas señoriales. Estamos ante castelos e pazos que constituíron a residencia habitual, ou secundaria, das familias nobres que gobernaban estas terras. 

Algúns en ruínas, pero visitables, como o Castelo de Os Novais ou o da Peroxa, e outros convertidos en museo, como o Pazo de Tor, a Torre da Homenaxe de Monforte de Lemos ou o Castelo de Castro Caldelas. Todos eles coas súas peculiaridades e, sobre todo, con séculos de historia entre os seus muros.