Outro patrimonio de interese
Además das paisaxes, os mosteiros ou o patrimonio relixioso, que son o máis recoñecido de Ribeira Sacra; existen moitos outros lugares que merece a pena coñecer!
Os xacementos arqueolóxicos permítennos descubrir castros, necrópoles ou explotacións mineiras romanas, que nos amosan os séuclos de ocupación do noso territorio e nos permiten coñecer as orixes e o pasado de Ribeira Sacra.
Nos esgrafiados e murais amósasennos dúas técnicas decorativas de edificacións, unha máis tradicional e outra máis moderna, que emblecen distintos lugares de Ribeira Sacra.
En canto ás aldeas singulares, trátase dunha selección de pequenas aldeas de montaña e de ribeira que nos sorprenden pola súa riqueza histórica, arquitectónica ou paisaxística.
As lendas e seres mitolóxicos forman parte do patrimonio inmaterial de Ribeira Sacra, que nos axuda a coñecer a historia e a forma de ser das xentes desta zona.
E aínda nos queda máis patrimonio de interese, no que podemos atopar desde muíños ou pontes, medievais e modernos, ata mananciais de augas mineromedicinais, unha ferrería ou o refuxio no que se escondeu un dos últimos maquis de Galicia.