Visitas a Adegas
As adegas de Ribeira Sacra non se adican exclusivamente a produción de viño. Moitas delas organizan visitas guiadas para que o visitante poida coñecer de primeira man cómo se produce o caldo e tamén as súas calidades.
Ribeira Sacra conta con máis de cen adegueiros e adegueiras, dos que moitos de eles apostan non só pola venta de viño se non que queren dar a coñecer como se fai o seu produto.
Para elo, organízanse actividades guiadas polas distintas adegas nas que o visitante aprenderá moitos dos conceptos relacionados coa produción do viño e a súa cata.
Estas actividades son guiadas por un enólogo e permiten coñecer máis en profundidade a cultura vitícola que tanta trascendencia ten na nosa terra.