Outras actividades
Se algo abunda en Ribeira Sacra é natureza, paisaxes únicas e escenarios totalmente propicios para a práctica de deportes.
Nun marco incomparable, entre os seus ríos, as súas montañas e os seus canóns, son infinidade a de actividades que podemos realizar en Ribeira Sacra.
Un paseo en kaiak, en barca tradicional, paddelsurf polo río Miño, unha ruta BTT guiada ou unha de sendeirismo tematizada. Un conxunto de empresas especializadas na práctica de deportes que che ensinarán o noso territorio como nunca o viches.