Galería
Galería

Viñobus Vendimia

Adegas

Para aqueles amantes do viño ou para quen quere iniciarse e gozar da paisaxe que nos mostra a viticultura heroica de Ribeira Sacra, o Consorcio de Turismo organiza o Viñobus Vendima.

Os participantes farán unha inmersión no proceso de recolección da uva, accedendo ao viñedo, cortando os acios, cargando caixas e pisando a uva para obter o mosto. Unha experiencia completa para vivir de primeira man a Viticultura Heroica, e que tras o esforzo finalizará cun xantar.


Viñobus

Ver máis...

Información e contacto

Teléfono contacto
638 823 592