Viñobús Vendima 2025

Unha experiencia única na que maiores e pequenos aprenden de onde proceden as uvas, como se cultivan e a súa transformación en mosto ou en viño de forma natural.

Datas Viñobús 2025: 13,14,20,21,27,28 de setembro

Daremos un paseo polos viñedos acompañados por quen mellor coñecen a vide e como coidala, as variedades de uva e as súas diferentes follas, a importancia do chan...

Realizaremos unha cata de uvas, mostos e viños, percibindo os distintos aromas, sabores e texturas.

Vendimaremos e pisaremos os acios como se facía antigamente; o mosto introducirase nas cubas para a fermentación e xa os nosos enólogos ocuparanse de coidar este viño ata o seu embotellado. Será a partir dese momento cando poderás gozalo, xa que, se o desexas, enviarémoscho á casa.

Non nos iremos sen desfrutar dun merecido xantar, do mesmo xeito que os numerosos viticultores heroicos que cultivan estes viñedos cada día.

 

HORARIOS:

PREZO

  • Adultos: 15 euros.
  • Nenos de 4-12 anos: 10 euros.
  • Menores de 4: gratis.

O prezo inclúe: traslado desde o punto de encontro, xantar na adega** e guía acompañante.

* Gastos de envío da botellas non estarían incluídos, consultar prezo.

** O tipo de almorzo varía en función da adega, pero na maioría dos casos trátase de pratos fríos cun menú propio dos viticultores durante unha xornada de vendima.

 

· Saídas garantidas a partir de 10 prazas.

· Recoméndase roupa e calzado adecuados (preferiblemente vaqueiros, deportivos ou botas de montaña).

· É necesario reservar para realizar a actividade.

· O Consorcio resérvase o dereito de modificación do programa en función da evolución da vendima.


MÁIS INFORMACIÓN: 

638 823 592 //  turismo@ribeirasacra.org

Actividade de carácter promocional con prezos patrocinados con cargo ao Convenio coa Axencia de Turismo de Galicia 2025.

RESERVAR