Lendas e seres mitolóxicos
Ribeira Sacra é tamén berce de lendas e seres mitológicos, na súa maioría relacionados coa auga. Mouras, mouros, xacias, historias de amor, de desamor; infinidade de aventuras que levan transmitíndose de xeración en xeración desde tempos inmemoriais...
Son moitos os historiadores que confirman que no documento no que aparece por primeira vez o nome de Ribeira Sacra (cuxa tradución sería Riboyra Sacrata), poñía en realidade Rovoyra Sacrata, feito que cambia por completo o significado do noso topónimo, posto que a tradución de Roboyra Sacrata é "Robledal Sagrado". Ante tal afirmación, podemos dicir que estamos, por tanto, nun espazo no que habitaban carballos sacros, máxicos talvez, para a poboación destas contornas.
Así ben, dentro do realismo máxico desta milenaria terra chamada Galicia, habitada por trasgos e fadas, de bruxas e mouras, Ribeira Sacra, está intimamente unida ás xacias, homes peixe, rabudos, papeiros, incluso a nai do diaño…, que habitaron contos e cantigas de lagar e vendima…
É por tanto Ribeira Sacra un lugar de inescusable visita, aínda que só sexa por tentar á sorte e ver se somos quen de atopar a algún destes seres máxicos (sobre todo os máis bondadosos) para facerlle aniñar nas nosas vidas e cambiar a maneira de ver o mundo, engadíndolle un pouquiño de raíces que nos motive para coidar bosques, viñedos e regatos, fogar destes singulares personaxes máxicos.…
Texto adaptado de Anxo Moure