Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Monte Faro

A ermida e área recreativa do Monte Faro (1.187 m) coroa o cume desde o que se dominan amplas vistas das catro provincias galegas.

Os altos desta serra son suaves, lixeiramente en chaira, e pola súa situación na Dorsal Galega reciben abundantes precipitacións, con anos de nevadas.

Nas ladeiras as formacións boscosas autóctonas adquiren relevancia na paisaxe, tradicionalmente moldeada pola actividade agrogandeira. Consérvanse entre as terras de labor boas mostras de carballeiras, con exemplares de gran porte nalgunhas zonas.

Non o perdas!

A mediados de agosto e a comezos de setembro celébrase a famosa Romaría do Faro arredor da ermida.

Paisaxe Monte Faro

Ver máis...