Mural "A Caracocha"
O mural está inspirado nunha das lendas principais da vila, relacionada coa historia do carballo sagrado que atopamos diante do mosteiro de Santa María de Montederramo e que ten arredor de 400 anos de idade.
Este árbol é coñecido co nome de Caracocha debido ao gran burato que ten no seu tronco. O mural na súa parte frontal representa a antigua árbore e o lume da fogueira na que queimaron a Elvira (lenda) facendo un xogo de simetría no que a fogueira e a caracocha teñen a mesma silueta. O lume ardente e luminoso deixou unha pegada eterna na cortiza do carballo, unha silueta oscura e fría.
A caracocha aparece tamén transmutada nunha porta ou cova con escalóns que conducen a un ceo cheo de estrelas no interior, isto simboliza a inmensa sabiduría e misterio que dende a antigüidade se lle otorga ao carballo. Na parte traseira atopamos un bosque de bidueiros, moi característicos da área da Serra de San Mamede e ao ermitán de San Mamede vestido cunha coroza como xa se representou noutro mural na mesma vila en 2015, sendo visibles ambas obras dende o punto que mellor se ve esta parede xerando así unha continuación visual.
Obra realizada por Cestola na Cachola en 2021, dentro das actuacións do Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra.
Mural A Caracocha
Información e contacto
Avda. de Galicia
Montederramo
32750 Ourense