Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Castiñeiro milenario de Entrambosríos

Espazos naturais

Este castiñeiro, incluído no "Catálogo de Árbores senlleiras de Galicia" é unha beleza, un xigante de 15 metros de altura e máis de 9 de perímetro, no medio dun souto de conto. Habita neste bosque autóctono, salpicado de castiñeiros centenarios e entre restos de sequeiros e muíños tradicionais, desde hai máis de 700 anos.

Vendo a esta incrible árbore poderíase dicir que é o pai de todos os castiñeiros. Sen dúbida, é o máis antigo sobrevivente da paisaxe e tradicións deste monte, onde os castiñeiros se enxertaban con variedades autóctonas produtoras de castaña comestible, adaptadas ao clima e chan da zona.

Desde outrora, en toda a zona, a produción de castaña foi unha das principais fontes de recursos. Son abundantes os secadoiros de castaña ou “sequeiros”, construcións feitas en pedra e madeira que presentaban dúas zonas diferenciadas. A parte de abaixo estaba habilitada con cama e cociña, mentres que na parte de arriba, xusto encima da cociña, espallábanse as castañas sobre ramas alongadas lixeiramente abertas para facilitar o proceso de afumado.

Unha vez secas, introducíanse as castañas nun saco de tea e golpeábase contra unha superficie dura, ata conseguir separar as cascas, nun proceso chamado “pisa” da castaña. Por último, as castañas cribábanse nun cesto para terminar a súa limpeza e levar a cabo o almacenamento.

Sen dúbida, este castiñeiro foi un excelente produtor de castaña, probablemente o mellor do souto, de aí a súa permanencia e a súa significativa presenza.

Datos árbore (2020):

  • Altura (m): 15,80
  • Perímetro normal (m): 9,30
  • Diámetro de copa (m): 17,10
  • Idade estimada: 700 anos

Castiñeiro milenario de Entrambosríos

Información e contacto

Enderezo

Entrambosrríos

Parada de Sil

Ourense

Equipamento e servizos

De balde
Cómo chegar Cómo chegar