Esgrafiado en Seoane Vello (Montededamo)

Esgrafiados

Decoración recuperada na rectoral de Seoane Vello, a orixe do topónimo Ribeira Sacra. 

A fachada na que se realiza a intervención exhibe un revestimento parcial de cintados de cal sobre fábrica espida de perpiaño, cun deseño que combina bandas enmarcando e estruturando o alzado, un cintado estreito escadrado no nivel superior, un cintado ancho curvo no nivel inferior e cenefa baixo o aleiro.

No inicio da intervención obsérvase unha biopátina de liquens que ocupa a superficie do revestimento e do paramento de forma xeneralizada, xunto con numerosas faltas de material, desplacamentos puntuais e abundante erosión superficial dos cintados. Propóñense como obxectivos a limpeza da colonización biolóxica, a conservación e fixación dos restos existentes e a reintegración matérica, finalizando por unha recuperación selectiva da intensidade do encalado.

A reintegración matérica consistiu na imitación da técnica orixinal, recuperándose as bandas e os cintados por aplicación e recorte dunha capa de morteiro de cal en pasta envellecida de seis anos e area silícea fina. Acabouse o tratamento superficial con varias capas de pintura de cal en concentracións variables, permitindo diferenciar os restos orixinais.


Actuación enmarcada no Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra 2020-2022

Información e contacto

Enderezo

Seoane Vello

Montederramo

32790 Ourense

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar