Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Igrexa de Santa María de Castro de Rei

Igrexas/Capelas

O nome do lugar, Mosteirovello, alude ao primitivo emprazamento monacal. Houbo no lugar un mosteiro anterior ó século XII (beneditino), que foi trasladado  posteriormente á beira do Río Loio onde se constitúe en Abadía independente (bernardos).

Da igrexa primitiva só se conserva a ábsida da epístola, parte dos muros e outros restos. No seu interior hai restos de pinturas do século XV e comezos do XVI e un interesante capitel prerrománico. Posúe Santa María de Castro de Rei, na súa cruz parroquial, unha valiosa xoia de prata, dun metro de lonxitude, que data de 1730.

Durante algún tempo o mosteiro foi vencellado ao de Carracedo do Bierzo. O couto do mosteiro é doazón de don Afonso o Emperador ao Císter. Hai ata dez abades que son señores do mosteiro e do seu couto. Á morte do último abade independente, o abade Pradomao, o mosteiro convértese en Priorato baixo a dependencia da abadía de Montederramo (Ourense), foi Afonso VII quen llo entrega a Orde do Císter.

Será Afonso IX quen realice varias concesións reais ó mosteiro e o visite persoalmente en 1228. Concesións que serán confirmadas por Fernando III en 1231 e por Afonso X en 1255.

Esta igrexa lembra os xoieiros que tiñan as nosas avoas e que neles gardaban afeites para  poñerse en días especiais, pois non nos deixa indiferentes este "xoieiro" debido á valiosa peza en prata que garda.

Santa María de Castro de Rei

Información e contacto

Enderezo

Mosteirovello

Paradela

Lugo

Horario
O interior da igrexa está pechado, só se pode acceder contratando visita con guías oficiais.

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar