Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Miradoiro da Cividade

Miradoiros

Este miradoiro vangardista deseñado pola arquitecta Isabel Aguirre componse dunha plataforma de 30 metros de lonxitude, 7 de largo e que se eleva ata 4 metros sobre o terreo; elaborado en aceiro corten e chan de piñeiro nórdico, que pretende integrarse perfectamente na contorna, ademais de contemplar uns espectaculares solpores.

O proxecto naceu en 2007 tras un encargo do Centro Galego de Arte Contemporánea tras unhas xornadas de intervención e mellora da paisaxe a través de criterios artísticos contemporáneos, e foi inaugurado en outubro de 2012.

Este espectacular miradoiro, construído sobre unha pronunciada pendente case vertical, ofrece unha vista panorámica sobre o último tramo do encoro de Santo Estevo. Tamén, na beira oposta, pódese observar parte dunha das estribacións da Serra de Meda.

 

A rede de miradoiros do concello de Sober, entre os que se atopa este, obtivo o selo de Calidade Turística de España (ICTE). Soamente cinco espazos públicos deste tipo, en todo o Estado, obtiveron esta distinción ata o ano 2021.

 

Advertencia: o camiño desde Bolmente (5 quilómetros aproximadamente) alterna estrada asfaltada con pista forestal. 

Miradoiro de Cividade

Información e contacto

Enderezo

Bolmente

Sober

Lugo

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar