
50ª Festa da Augardente e X Degustación da Anguía (2022)
Regresa a clásica Festa do Augardente de Portomarín, que nesta edición cumpre 50 anos.
Ribeira Sacra, 11 de abril de 2022
O evento terá lugar na vila de Portomarín, onde tamén se celebrará simultaneamente a X Degustación da Anguía e a tradicional carreira popular.
PROGRAMACIÓN
11:00 h: acendido de alquitaras na Praza do Camiño
12:30 h: Misa na Igrexa de San Xoán e pasarrúas a cargo de "Agrupación Folklórika Río Miño"
13:15 h: cabido xeral da Orde Serenísima da Alquitara, coa recepción dos novos cabaleiros e damas que ingresan na Orde.
14:00 h: lectura do pregón, a cargo de Benedicta Sánchez, actriz.
14:15 h: cata da "Mellor augardente de Portomarín" para Cabaleiros e Damas.
17:00 a 18:00 h: actuación da charanga "Eravisto"
18:30 h: festa a cargo da "Orquestra M3"
23:00 h: fin de festa.
Máis información: Concello de Portomarín