Galería
Galería

900 anos de Rovoyra Sacra

O 21 de agosto de 1124, Dona Teresa de Portugal doa aos monxes que habitaban Montederramo uns terreos para construír un novo mosteiro; terreos que se atopan ubicados no que ela denomina "Rovoyra Sacrata". E aínda que o termo mudou e o seu significado hoxe é outro, é a orixe do noso nome como territorio, RIBEIRA SACRA. Para conmemorar esta data tan importante, o 9º centenario, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra organizou un acto institucional no mosteiro de Sta Mª de Montederramo.  

Ribeira Sacra, 21 de agosto de 2024

A xornada comezaba cunha breve visita guiada ao mosteiro de Sta Mª de Montederramo para continuar cunha serie de intervencións no coro alto da igrexa, onde algunhas das autoridades asistentes aproveitaron para facer un repaso da evolución histórica do termo, de como se transformou da orixinal Rovoyra Sacrata á actual Ribeira Sacra, de como fomos avanzando e medrando como xeodestino ou do estado actual da Candidatura a Patrimonio da Humanidade de Ribeira Sacra. 

A segunda parte do acto tivo lugar na igrexa, para conmemorar este noveno centenario cunha excepcional e poética viaxe sonora danzada, a cargo de Benxamín Otero e Pablo Sanmamed, nas melodías, e Eva Quiroga, no movemento.

Rematada esta viaxe, os asistentes dirixíronse ao claustro para facer un brinde conxunta con Viño da D.O. Ribeira Sacra. e poñer así o broche final a un momento que rende tributo ao espazo no que todo comezou.


Autoridades asistentes: 

  1. Luis Menor Pérez, Presidente da Deputación Provincial de Ourense
  2. Dna. Mª del Carmen Martínez Insua, Directora Xeral de Patrimonio Cultural
  3. Óscar Diéguez González, Alcalde de Montederramo
  4. Luis Fernández Guitián, Presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra
  5. Carlos López López, Deputado da Área de Medio Ambiente da Deputación Provincial de Lugo
  6. Manuel Pardo Cid, Delegado Territorial da Xunta de Galicia
  7. José Antonio Quiroga, Presidente dea Confederación Hidrográfica do Miño-Sil
  8. Rvdo. D. José Antonio Ferreiro Varela e D. Mario Vázquez Carballo do Bispado de Lugo
  9. Antonio Lombardía, Presidente Consello Regulador D.O.R.S.
  10. Francisco Almuiña Chorén, Presidente Asociación Ribeira Sacra Rural
  11. Manuel Antonio Fernández Piñeiro, Director Territorial de Cultura en Lugo
  12. Alcaldes, alcaldesas e concelleiros/as dos municipios do Consorcio de Turismo
  13. Representación da veciñanza e do sector turístico

 

O acto foi promovido polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, co financiamento da Axencia Turismo de Galicia (Xunta de Galicia) e a colaboración do Concello de Montederramo.

 

ÁLBUM 900 ANIVERSARIO ROVOYRA SACRATA

Ver máis...