AS 21 PROBAS

O primeiro escape  room  on- line de Ribeira Sacra especialmente creado para que grandes e pequenos xoguen aprendendo en casa.


Neste xogo querémosvos mostrar 21 das marabillas que non adoitan estar entre os recursos turísticos máis coñecidos de Ribeira Sacra. Pero non por saír menos nas guías, perden valor. Case nos atreveriamos a dicir que o gañan, pois son deses recunchos ou escenarios nos que parece deterse o tempo.

Non se trata dun roteiro de escape  room ao uso. É unha adaptación, onde prevalecen as circunstancias do confinamento. Está pensado para que os máis pequenos teñan unha participación importante.

Podedes facer o xogo completo do tirón, pero a nosa recomendación é resolvelo en varias fases.  Falamos dunhas 4 ou 5 horas de xogo que, sobre todo polos máis pequenos da casa, é ideal  dividir en, polo menos, 2 ou 3 días. O tempo só corre cando entrades nalgunha das probas, polo que vos podedes tomar todos os días que queirades.

Accededes a un mapa con 21 marabillas xeolocalizadas. Cada vez que entrades nunha delas, atoparedes unha breve descrición. Unha vez lida, poderedes entrar na proba relacionada con ese recurso. É no momento que picades en "RESOLVER PRUEBA" cando comeza a correr o tempo. Ese tempo vén marcado por unha data que empeza o 1 de agosto de 2020. O cronómetro tradúcese nun avance de días no calendario

Para cada proba, se vos resulta complicada, podedes comprar unha ou varias pistas que figuran no interrogante amarelo da esquina superior dereita. Acumularedes puntos por cada proba resolta correctamente. As respostas incorrectas restaranvos puntos ata acertar.

E ollo! Se  optades por saltarvos a proba, pagaredes unha penalización de puntos moi alta... (600 puntos)

Resolta a proba, propoñémosvos unha misión na que o tempo xa non corre e que vos permite acumular 100 puntos máis. Confiamos en que poñedes todo da vosa parte para cumprilas...Completada a misión, elixiredes outra das marabillas seguindo os mesmos pasos.

Unha vez resoltas  as 21 marabillas, podedes pulsar sobre RESOLVER e pasar  ás preguntas finais para demostrarnos todo o que aprendestes nesta viaxe interactiva.

Non poderedes resolver se non tedes un mínimo de 2.800 puntos.

Ao acabar, se lle  dais no PERFIL ao botón vermello de FINALIZAR XOGO, bórrase todo o que fixestes. Se volvedes entrar, podedes comezar  de cero.

(Neste momento dispoñible só para ANDROID)

PREMIOS QUE PODEDES CONSEGUIR

Hai varios tipos de clasificación ou formas de conseguir un premio.

1. Se figurades entre os primeiros na clasificación de Puntos de Sabedoría.

2. Se figurades entre os primeiros na clasificación de Puntos Marabilla.

Ademais, o xogo indicará unha data na que conseguísedes terminar e que aparece na parte superior da pantalla .

Trátase da data na que a APP pensa que poderiades visitar Ribeira Sacra. Se con esa data achegádesvos a unha data aleatoria que publicaremos a modo de sorteo dentro dunhas semanas nas nosas redes, gañaredes premio.

Contactaremos cos gañadores a través de correo electrónico ou teléfono, os mesmos utilizados para o rexistro na App do xogo.

ÁNIMO E QUE O PASEDES MOI BEN!

 

Apartamento turístico (1 habitación + 1 ou 2 camas supletorias) ou habitación en establecemento de turismo rural (con posibilidade de 1 ou 2 camas supletorias).Inclúe almorzo no caso de que o establecemento dispoña dese servizo.

Tratariamos de complementalo con algunha outra actividade para realizar en familia e apta para o público infantil, dependendo da oferta existente no momento do troco. Non garantido.

O troco (de estancias e de roteiros de escape) ha de realizarse polo menos 15 días antes da data prevista para o #gozar do bono contactando co Consorcio de Turismo en turismo@ribeirasacra.org ou no 638 823 592.