Galería
Galería

Ribeira Sacra no Festival de Lorient 2023

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra inicia hoxe a súa participación no Festival Interceltique de Lorient cun stand de información turística e unha pequena mostra fotográfica do xeodestino. 

Con máis de 50 edicións ás súas costas, unha media de 5000 artistas, centos de espectáculos e 750.000 asistentes, este evento é considerado como o máis importante a nivel mundial da música celta.

Cada ano, e durante 10 días a principios de agosto, o festival reúne ás nacións celtas (Asturias, Bretaña, Cornualles, Escocia, Galicia, Illa de Man, Irlanda e Gales) e tamén ás “colonias celtas” (Acadia, Australia, Arxentina, Cuba e México) na vila de Lorient, na Bretaña Francesa.

O de Ribeira Sacra será o único stand de información turística de Galicia no Festival. Dous técnicos do organismo desprazáronse á vila para dar a coñecer os atractivos da nosa rexión aos milleiros de visitantes chegados de todos os recunchos do mundo.

O público francés e o británico son dous dos prioritarios para Ribeira Sacra cando falamos de mercados exteriores, polo que a participación neste festival supón unha grande oportunidade para a proxección do xeodestino. 

Datas: do 4 ao 13 de agosto 2023
Más información na páxina web oficial do Festival. 

Lorient 2023

Ver máis...