Ribeira Sacra nominada a Mellor Destino Rural de España
Ribeira Sacra compite por ser o "Mellor destino Rural de España" nos III Premios dos Lectores de Viaxes National Geographic
Os Premios dos Lectores de Viaxes National Geographic 2025 celebran a súa terceira edición, convidando a todos eles a seleccionar os destinos e aloxamentos máis destacados a nivel mundial. Un total de 80 nomeados compiten en 16 categorías diferentes, que fan referencia a ámbitos como os destinos rurais, urbanos, sostibles e gastronómicos.
A presenza galega non deixa indiferente a ninguén, con dous importantes finalistas: As Rías Baixas, como "Mellor Destino de Praia de España" e Ribeira Sacra, como "Mellor Destino Rural de España". Ambos os nomeamentos resaltan a beleza da Comunidade e a súa habilidade para atraer a turistas tanto nacionais como internacionais. Estes premios supoñen unha excelente ocasión para destacar os tesouros galegos. Por iso, dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra animámosvos a participar co voso voto.
¿Cómo realizar a votación?
Facendo click aquí, poderás elixir a Ribeira Sacra como mellor destino rural de España. A votación realízase a través dun sistema de imaxes, polo que soamente deberás clicar na fotografía para seleccionar o teu destino favorito. É importante ter en conta que para que a solicitude sexa válida debes realizar este proceso nas 16 categorías, pero non te preocupes, é moi rápido.
Votacións abertas ata o 21 febreiro
Os gañadores serán anunciados o 25 de febreiro