XLII Feira do Viño de Amandi (Sober) (2022)

Arrinca o "Mes do Amandi", precursor dunha das celebracións por excelencia ao redor do viño en Ribeira Sacra. As actividades sucederanse durante todo o mes ata os días 9 e 10 de abril de 2022, coincidindo co domingo de Ramos, cando terá lugar a clásica Feira do Viño de Amandi (Sober).

Ribeira Sacra, 15 de marzo de 2022


PROGRAMACIÓN DO MES DO AMANDI


Sábado 5 de marzo

- Ás 12:00 horas Fallo do concurso de carteis da XLII Feira do Viño de Amandi.

- Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural, Concerto do Ensemble vocal feminino EGERIA.

- Ás 21:00 horas no Pavillón do CEIP Virxe do Carme, presentación do equipo de rally Barantes Sport.


Sábado 12 de marzo

- Ás 12:00 horas na Fervenza de Portizó presentación do cartel de XLII Feira do Viño de Amandi, xunto coa programación de actos da feira.


Luns 14 de marzo

-Ás 12:00 horas. A caravana do Amandi visita a Feira de Rubián, (Bóveda, Concello ao que este ano se lle dedica a Feira do Viño de Amandi).


Venres 18 de marzo

- Ás 17:30 horas. Os participantes nas Merendas con Contos, visitan a Fervenza de Portizó.


Luns 21 de marzo

- No CEIP Virxe do Carme conmemoración do Día Internacional da Poesía con recitado de Poemas ao Viño de Florencio Delgado Guirriarán, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022.


Xoves 24 de marzo

- De 12:30 a 14:30 horas na Escola de Hostalería de Rosende Xornada de Maridaxe: Viño de Amandi con produtos DE CRAEGA.

Colaboran: Escola de Hostaleria da Fundación Belarmino Fernández e C.R. Agricultura Ecolóxica de Galicia.


Venres 25 de marzo

- Ás 19:00 horas en Tapería Tear de Cadeiras presentación da nova edición da Guía da Ribeira Sacra de Manuel Garrido.


Sábado 26 de marzo

 - Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural Concerto Solidario cos refuxiados ucraínos.


Venres 1 de abril

- Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural, charla ‘A cultura do viño e a viticultura heroica’, por Xabier Castro, autor do libro ‘A rosa do viño. A cultura do viño en Galicia’.

- Ás 20:00 horas no Centro Sociocultural presentación da exposición de pintura de Gelín Fernández.

 

Mércores 6 de abril

- De 10:00 a 14:00 horas no Centro Sociocultural de Sober 2º Concurso de sumiliers.

Colabora: Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández.


Xoves 7 de abril

- Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural, concerto de guitarra e frauta traveseira a cargo de Josué Castro e Magda Sánchez.

 

Outras actividades

Exposicións

Do 31 de marzo o 30 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados ao concurso de carteis da XVII Feira do Viño de Amandi.

Do 1 o 30 de abril no Centro Sociocultural exposición de pintura de Gelín Fernández.

 

Cata de viños

Cun xurado profesional celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira.

Entregaranse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2021, un premio para viños brancos da anada de 2021 e un premio para viños envellecidos en barrica.

Organiza: Vinosacra

 

Concurso de deseño de carteis

Presentáronse 20 orixinais chegados de diferentes puntos do Estado. O xurado acordou outorgar o primeiro premio ao traballo presentado por Rocío Rodicio González de Ourense.

 

PROGRAMA DE ACTOS DA XLII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

 

Sábado 9 de abril

- 11:30 horas. Disparo de bombas de palenque anuncian o inicio da XLII Feira do Viño de Amandi.

- 12:00 horas. Apertura Oficial a cargo de Adega TEAR en lembranza aos seus fundadores Manuela Valdés e Nilo Vila.

- 12:15 horas. Actuación dun grupo de música tradicional.

- 17:00 horas. Comezo da Precata Oficial na Sala de Catas do Oficina Municipal de Turismo.

- 17:00 horas. Actuación dun grupo de música tradicional.

- 18:30 horas. Concerto da Banda de Música de Sober.

- 20:00 horas. Actuación da Charanga Louband na Praza do Concello.

- 23:00 horas. Actuación de GIN TONIC´S na Praza do Concello.

 

Domingo 10 de abril

- 10:30 horas. Disparo de 23 bombas de palenque (1 por cada colleiteiro participante).

- 10:45 horas. Actuación da Charanga NBA.

- 11:00 horas. Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.

- 11:30 horas. Comezo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober.

- 11:30 horas. Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.

- 12:30 horas. Recepción de Autoridades na Casa do Concello.

- 12:45 horas. Actuación da Banda de Música de Sober.

- 13:00 horas: Pregón a cargo de Chechu Salgado.

- 13:30 horas. Entrega de Premios.

- 17:00 horas. Actuación da Charanga NBA.

- 19:30 horas. Baile coa orquestra Los Satélites.


Máis información: Oficina de Turismo de Sober