Galería
Galería

XXVII Festa do Caldo de Ósos e Rutas do Románico en Taboada

Gastronomía e cultura serán as protagonistas na segunda fin de semana de febreiro en Taboada.

A Festa do Caldo de Ósos chega á edición número 27 acompañada de infinidade de actividades. O programa comezará o próximo día 10 co Festóso, onde o ambiente de entroido, a gastronomía e a música invadirán a localidade.  

A xornada principal sucederase o domingo 11, coincidindo co domingo de entroido, onde se poderá degustar a gastronomía típica da zona e o seu prato estrela, o caldo de ósos.

Ademais, e como complemento a esta festividade, a Ruta do Románico do concello de Taboada organizada polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, volverá estar operativa nas xornadas do sábado e domingo. Todos aqueles interesados terán a oportunidade de visitar parte do patrimonio románico do municipio acompañados por un guía especializado. As rutas son totalmente gratuítas e os desprazamentos realizaranse en coches particulares. O punto e hora de encontro para esta actividade será ás 16:30 horas na Praza do Concello de Taboada.

 

Data: 10/02/2018 e 11/02/2018

Lugar: Concello de Taboada

Enlaces relacionados: 

https://www.facebook.com/Concello-de-Taboada-469772689724670/

http://www.concellotaboada.es

XXVII FESTA DO CALDO DE ÓSOS E RUTAS DO ROMÁNICO