LIÑA DE ACTUACIÓN 2: PAISAXE CULTURAL

O eixo estratéxico "Paisaxe Cultural" conta cun investimento total de 599.500€, repartidos nas tres anualidades de duración do PST Ribeira Sacra.

Esta liña de actuación recolle medidas concretas como a adecuación e recuperación do patrimonio cultural e natural, o embelecemento de núcleos ou o reposicionamiento da sinalización turística, adaptando os espazos e dotando ao visitante dunha maior comodidade de acceso aos recursos. 

No mapa móstranse todas as accións específicas levadas a cabo ata o momento.