Galería
Galería

Capela da Virxe de Guadalupe

Igrexas/Capelas

O Santuario da Virxe de Guadalupe foi construído no alto do monte de A Capela no século XVIII e é un exemplo sobranceiro de tantos santuarios marianos de grande devoción popular, que se erixiron no barroco espallados polo territorio da Ribeira Sacra.

A representatividade deste templo é a sús exemplificación do culto mariano en santuarios ligados a puntos relevantes da paisaxe. Estes templos elixiron para o seu emprazamento as zonas altas, dominando os vales do Miño e do Sil, substantivando a paisaxe circundante en zonas máis o menos ailladas, e fóra dos núcleos de poboación, porque o culto a María estaba asociado á celebración da romaría do primeiro domingo do mes de setembro, e polo tanto o redor do templo estaba o campo da festa.

Desde un punto de vista arquitectónico o santuario é unha construción de planta de cruz latina dunha só nave que presenta un transepto que sobresae lixeiramente en planta pero non en alzado, sobre o cruceiro unha cúpula cuberta cun ciborio que contribúe a darlle maior altura á construción e favorece a iluminación interior do templo. A cabeceira é recta ao exterior e poligonal ao interior con dúas sancristías adosadas á capela maior. Aos pés do santuario está o coro alto. No interior todo o templo está encalado. O alzado se articula na cabeceira e no transepto mediante pilastras toscanas de fuste refundido e có entablamento que presenta un friso decorado con casetóns en resalte e cornixa voada, sobre a que se dispón a bóveda de nervadura casetonada de madeira. Parte das pilastras aínda conservan a policromía orixinal. A capela maior cóbrese cunha bóveda de canón que conserva restos de pinturas murais. Son de interese o retablo maior, unha obra de finais do barroco no que empréganse algúns elementos propios do rococó, e que perdeu parte da súa policromía orixinal e os retablos laterais de mediados do século XVIII. Toda a edificación esta feita de cachotería de granito, reservándose a cantería para as portadas e o recercado dos vanos. A fachada principal presenta unha portada moi sinxela de arco adintelado con guarnición tipicamente barroca coas características orelleiras e a clave, sobre a que se dispón unha simple cornixa que sirve de base ao tímpano míxtilineo, presidido polo relevo da Piedade, na que María sostén o corpo do seu Fillo diante da cruz.

Sobre a portada ábrese o óculo que permite a iluminación do coro, e sobre el a tribuna entre as dúas torres, que se utilizaba para a celebración da misa durante a romaría, cando a asistencia de fieis era moi numerosa.

Non o perdas!

Moi preto, podes visitar a igrexa románica de San Vitoiro de Ribas de Miño ou achegarte ata a área recretiva de Ponte Mourulle, ao pé do río Miño. 

Capela da Virxe de Guadalupe

Información e contacto

Enderezo

O Val - San Vitorio de Ribas de Miño

O Saviñao

27545 Lugo

Horario
O interior da igrexa está pechado, só se pode acceder contratando visita con guías oficiais.

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Mobilidade reducida
Cómo chegar Cómo chegar