Galería
Galería

Felos e madamas de Esgos

Festas

O Entroido Ribeirao, o Oso de Salcedo e os Felos de Esgos son os tres entroidos tradicionais que perduran en activo en Ribeira Sacra.

 

Aínda que se cre que a finalidade inicial desta tradición en Esgos era a de escorrentar aos lobos, hoxe o seu labor é ben distinto. Os Felos de Esgos saen en desfile cada Domingo de Entroido por todos os pobos do concello para avisar aos veciños de que comezan os días grandes de festa.

Acompañando aos Felos van as Madamas. Sacan as súas mellores galas, vestíndose con mantóns e saias tradicionais para seguir fielmente ao desfile de felos.

Na actualidade, o traxe tradicional dos Felos de Esgos está composto por unha saia con camisa e medias brancas, das que colgan lazos de cores. Na cabeza, portan unha máscara de cartón ou coiro alongada con motivos pintados, xeralmente animais, e un cordón de cencerros (esquilós) na cintura.

Nas montañas limítrofes con Xunqueira de Espadanedo, en Pardeconde, tamén sae en desfile esta figura nun evento moi familiar, coñecidos como os Felos da Serra. 

Data: domingo de entroido

FELOS DE ESGOS

Información e contacto

Enderezo

Esgos

32720 Ourense

Equipamento e servizos

De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar