Galería
Galería

Entroido Ribeirao

Festas

Trátase dunha das mostras etnográficas máis características de Chantada. Nos seus inicios celebrábase en varias das parroquias das ribeiras do Miño; hoxe mantense viva a tradición en Santiago de Arriba a través da Asociación  Entroido  Ribeirao.

O colorido póñeno os “volantes”, figura máis característica deste entroido cuxo vestimenta se basea principalmente nun  “pucho” de cintas de cores, flores de papel e bonecos que pode alcanzar o 15 kg de peso. As  faixas en cores vermello e amarelo, un cinto de  campaiñas e un pano “portugués” sobre os ombreiros completan a súa vestimenta. De  forma máis sinxela e/ou descoidada visten os personaxes que os acompañan e que se encargan de abrirlles paso aos volantes: peliqueiro ou maragato e meco.

Outras das peculiaridades desta celebración son os chamados “oficios”, representacións teatrais en ton  satírico que fan referencia aos veciños e veciñas.

 

Data: comenza dúas semanas antes do Entroido.

 

Entroido Ribeirao

Información e contacto

Enderezo

Santiago de Arriba

Chantada

Lugo

Equipamento e servizos

De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar