Museo Taller de Olería de Niñodaguia
A parroquia de Santa María de Niñodaguia pertence ao concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo, e é coñecida internacionalmente por ser un lugar emblemático na execución e mantemento das técnicas oleiras.
Os cacharreiros de Niñodaguia, tamén coñecidos como xarreiros ou calleiros, mantiveron a súa olería tradicional grazas a abundante e peculiar arxila do Monte do Barro, en Veigachá. A arxila, con alto contido en caolín, e as temperaturas ás que se someten as pezas na cocción, dan a esta olería a cor, a lixeireza e o son que a diferencian doutras olerías aproximándoa á porcelana.
Os cacharros de Niñodaguia son pura alquimia: terra, auga lume e ar transfórmanse en arte grazas a sabedoría ancestral do cacharreiro, demiúrgo que coas súas mans ceiba a alma da materia.
No Museo-Taller poderemos facer unha viaxe ao corazón da olería, visitar os antigos fornos, descubrir os usos da vaixela ou introducirnos nos segredos do torno rápido.
Non o perdas!
Ao redor do museo realízanse varias actividades, en primaveira a ‘’Cocida nos fornos tradicionais’’ e a mediados de agosto o Encontro Internacional de Cacharreiros.
E, se queres visitar o museo dun xeito distinto e moi divertido, non te perdas o seu hall escape.
Museo Taller Alfarería Niñodaguia
RESERVAR ENTRADA
Información e contacto
Rúa O Campo, Niñodaguia
Xunqueira de Espadanedo
32730 Ourense