Galería
Galería

Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia

Festas

Cada ano, a mediados de agosto, a aldea de Niñodaguia, coñecida pola súa tradición oleira e repercusión na olería tradicional, serve como punto de encontro de profesionais e apaixonados desta forma de arte.

Tomando o museo-taller de olería como eixo vertebrador das distintas actividades programadas, Niñodaguia convértese no epicentro da difusión e posta en valor de olería, contando con exhibicións dalgúns dos mestres que continuaron a tradición adaptando as técnicas e estilos aos novos tempos.

Co obxectivo de espertar interese nos asistentes e crear neles unha perspectiva de protección e admiración por este oficio xa case desaparecido, o éxito deste encontro maniféstase nas numerosas edicións consecutivas que se foron celebrando ao longo da última década.

Data: mediados de agosto (xeralmente, coincidindo co 15 de agosto)

Non o perdas!

Non deixes de visitar os antigos fornos nos que se cocían as pezas, a escasos 700 metros do museo, onde tamén poderás atopar un mural de Mon Devane na honra dos oleiros de Niñodaguia. 

Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia

Información e contacto

Enderezo

Museo de Olería de Niñodaguia

Xunqueira de Espadanedo

32730 Ourense

Equipamento e servizos

De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar