Roteiros do Románico da Ribeira Sacra

O noso destino, como moitos xa coñecen, trátase dun territorio que acolle a maior concentración do románico rural de toda Europa.

Có obxectivo de facer accesibles as visitas a estas igrexas un ano máis, regresan os Roteiros do Románico pola Ribeira Sacra da man de Máis que románico.

Nesta ocasión, plantéxanse 6 novos itinerarios regulares, que estarán dispoñibles desde este mes de xullo ata o próximo 10 de outubro segundo programa.

Os roteiros para esta tempada 2021, desenvolveranse de mércores a domingo en diferentes concellos da Ribeira Sacra lucense:

 

Roteiro 1. Mércores

Hora e punto de encontro: 16:30 Oficina de turismo de Sober

Visitas: San Julián de Lobios, San Vicente de Pinol, miradoiro de Santiorxo e Santa María de Proendos.

 

Roteiro 2. Xoves

Hora e punto de encontro: 16:30 Mosteiro do Divino Salvador en Ferreira de Pantón.

Visitas: Mosteiro do Divino Salvador, San Miguel de Eiré e Santo Estevo de Atán.

 

Roteiro 3. Venres

Hora e punto de encontro: 16:30 Alameda en Taboada.

Visitas: San Pedro de Bembibre, Santa María de Taboada dúas Freires, Santa María de Piñeira e Santa María de Castelo.

 

Roteiro 4. Sábados

Hora e punto de encontro: 10:30 Oficina de turismo de Sober

Visitas: Percorrido a pé por Proendos (paseo circular de 3 km, de dificultade baixa). Onde poderán coñecer unha parroquia cargada de historia: o patrimonio arqueolóxico representado nos petróglifos que temos ao redor da igrexa; a localización da Proencia romana, onde verán algúns restos da antiga vila; casas nobres e blasonadas; patrimonio natural ao redor dos camiños. Inclúe visita á adega “ Proencia” acollida á DO Ribeira Sacra.

 

Roteiro 5. Sábados

Hora e punto de encontro: 22:00 Oficina de turismo de Sober

Visitas: Percorrido nocturno polos petróglifos de Sober para coñecer os gravados rupestres ao aire libre máis emblemáticos da zona sur de Lugo.

 

Roteiro 6. Domingos

Hora e punto de encontro: 10:30 Fronte ao edificio do concello de Carballedo, na Barrela.

Visitas: Percorrido a pé por Chouzán (ida e volta 3 km, de dificultade media). Poderán coñecer a historia da parroquia de Chouzán, situada á ribeira do Miño, que conserva a súa estrutura orixinal cargada de elementos etnográficos e naturais. Terminará coa visita á igrexa románica de Santo Estevo de Chouzán, antigo mosteiro benedictino, trasladado do seu emprazamento orixinal despois da construción do encoro de Os Peares.

 

 

Os visitantes estarán acompañados por guías de Turismo de Galicia especializados en patrimonio románico e os desprazamentos realizaranse en coches particulares, sendo imprescindible a reserva previa de prazas.

Nos roteiros 4, 5 e 6, ao tratarse de percorridos nos que será preciso camiñar, aconséllase levar calzado cómodo e auga. Os prezos por persoa e roteiro (IVE/IVE incluído) son de 8 € para adultos e 3 € no caso de menores de 16 anos. A saída está garantida e durante o roteiro cumprirase a normativa COVID en vigor, sendo en todo momento obrigatorio o uso de máscara.

Información e reservas a través info@maisqueromanicorutas.com e do teléfono 664 533 229.