Galería
Galería

PR-G 181 Ruta de Cibrisqueiros a San Cosmede

Sendeirismo

Nesta ruta lineal de catro quilómetros avanzaremos por unha das ladeiras da parte norte do Canón do río Sil. Entre carballos atoparemos vellas tumbas e descubriremos pobos abandonados 

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
4 km
Tempo da ruta
1 h 30 min
Itinerario da ruta
Lineal
Comezo
Barrio de Cibrisqueiros (Pombeiro)
Chegada
San Cosmede
Dificultade
Baixa
Desnivel
Subida: 250 m
Baixada: 192 m
M.I.D.E. 2 2 2 2

Esta ruta comeza no pobo de Cibrisqueiros,e introducirémonos nun bosque autóctono de carballos e castiñeiros que medra sobre unha ladeira cunha gran inclinación. Máis adiante é posible atopar as coñecidas coma Tumbas do Preguntoiro, antigos enterramentos antropomorfos escavados na roca. Por último pasaremos polo pobo abandonado de Penaveada e finalmente chegaremos a San Cosmede, onde finaliza a ruta. 

 

Non o perdas!

Nos arredores da ruta atópanse os miradoiros da Cruz e da Pena Pombeiro, onde desfrutar dunhas fermosas vistas sobre o Canón. 

PRG-181

Equipamento e servizos

Aparcamento