Galería
Galería

PR-G 162 Ruta da Ribeira Sacra do Río Miño

Sendeirismo

Ao longo desta ruta de 35 quilómetros acompañaremos as augas do río Miño no seu descenso a través da Ribeira Sacra. Desfrutaremos de marabillosas paisaxes, pobos típicos e algún dos monumentos máis relevantes da zona. Así mesmo, no trazado da senda ou preto del, atópanse varias casas rurais e bodegas onde aloxarnos ou probar un bo viño.

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
35,28 km
Tempo da ruta
11 h 45 min
Itinerario da ruta
Lineal
Comezo
Monasterio de Santo Estevo de Ribas de Miño
Chegada
Cima de Atán
Dificultade
Media
Desnivel
Subida: 2066 m
Baixada: 1877 m
M.I.D.E. 3 3 3 4

A ruta da comezo no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Miño, unha xoia arquitectónica do románico cuio rosetón está considerado como un dos máis espectaculares deste estilo en Galicia.  Avanzaremos pola ladeira este do val e máis adiante descenderemos ata a aldea de Belesar, onde é posible coller o catamarán que oferta paseos polas augas do Miño. Continuaremos camiñando deixando atrás pequenas e fermosas aldeas e rodearemos o famoso Cabo do Mundo, un espectacular meandro do Miño. A ruta continúa augas abaixo, entre bosques, viñedos e máis pequenas poblacións onde podemos admirar a súa arquitectura popular e as súas construccións relixiosas. Pasaremos tamén máis adiante polas inmediacións da Fervenza de Augacaída, un espectacular salto de auga de varias decenas de metros nun entorno que evoca eras pasadas. Por último, tras deixar atrás a Igrexa de Santo Estevo de Atán, ascenderemos hasta Cima de Atán, onde finaliza esta ruta. 

 

Non o perdas!

Sen dúbida son moitos os atractivos que esta ruta nos ofrece, dende monumentais e antigas construcións relixiosas ata grandes fervenzas, pasando por paseos en barco e catas de viño.

Recomendámosvos a visita en catamarán polo río Miño, xa que ofrece outro punto de vista moi distinto ao que obtemos dende a ruta de sendeirismo.

PR-G 162 Ruta da Ribeira Sacra do Río Miño

Equipamento e servizos

Fontes de auga
Roteiro sinalizado
Aparcamento

Accesibilidade

En bicicleta
En coche