
As Maceiras Hotel Rural

As Maceiras é un Hotel Rural de dúas estrelas situado a 2,5 km da Pobra de Trives, nunha finca de preciosas árbores frutais.
Contamos con 21 habitacións dobres, dúas delas totalmente adaptadas para silla de rodas. As nosas habitacións teñen posibilidade de acoplar camas supletorias para acoller a familias e/ou grupos.
Todo o noso hotel, tanto as salas comúns como as habitacións, están decoradas cun toque rústico feito con moito amor e detalle.
Na nosa finca dispoñemos tamén de restaurante e parrilla cunha bonita terraza exterior cuberta, onde os nosos clientes poden desfrutar dos seus almorzos, comidas e ceas.


Marichón Fernández
Levo 20 anos rexentando o Hotel As Maceiras na Pobra de Trives. Extremeña de nacemento e namorada de Galicia, eu e todo o meu equipo estaremos encantados de darvos a benvida ao noso hotel rural, cun trato cercano e familiar para facervos sentir como na casa e pasar uns días inolvidables.
As Maceiras Hotel Rural
Categoría

Información e contacto

San Lourenzo, 19
A Pobra de Trives
32788 Ourense



Equipamento e servizos










Accesibilidade




