Xornadas de sensibilización

A partir do Manual de "Boas Prácticas para visitantes de Ribeira Sacra”, recolleito como exemplo de valores e criterios de sustentabilidade no “Libro Verde para a xestión sostible do patrimonio cultural”, organizáronse varias xornadas de sensibilización dirixidas a visitantes.
O obxectivo da mesma é concienciar sobre a importancia de practicar un turismo sostible, responsable e consciente cos valores do lugar, contribuíndo ao mesmo tempo nunha mellor experiencia turística e a un maior achegamento aos valores do lugar. Propúxose organizar os temas en 3 apartados principais. O primeiro orientado a presentar Ribeira Sacra en xeral e a súa evolución a través do tempo. O segundo centrado na candidatura a Patrimonio Mundial e os valores que a sustentan. O terceiro focalizado en presentar o Manual de Boas Prácticas para visitantes de Ribeira Sacra.
Data realización: xuño 2025.
Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 3 do Plan de Sostibilidade Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.