Galería
Galería

Creación de evento turístico - cultural "Entre concas e cuncas"

Acción

O Plan de Sostibilidade Turística contempla a organización de eventos culturais con aforo limitado en espazos ao aire libre e/ou de singular valor etnográfico (como bancais, miradoiros, neveiros ou bosques).

Un dos concellos para os que se reservou financiamento para a creación de eventos na distribución de fondos do PST foi o da Teixeira. A pesar da súa ubicación estratéxica en pleno Canón do Sil, cunha extensa produción vinícola en bancais e repleto de soutos e bosques de gran valor, a oferta turística deste concello é moi escasa en diferentes vertentes: creación e/ou adecuación de recursos, prazas de aloxamento e programación cultural aproveitando espazos de gran beleza paisaxística.

Trala memoria presentada polo concello, damos baixo o PST o primeiro paso de cara a consolidar un evento que pase a ser referente no xeodestino Ribeira Sacra.


Data realización: xullo - agosto 2023

Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 4 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo,  Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

 


EVENTO TURÍSTICO - CULTURAL ENTRE CONCAS E CUNCAS

Ver máis...

Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar