Galería
Galería

Rutas Fluviais

Percorrer o Cañón do Sil ou do Miño nalgunha das embarcacións que ofrecen estes servizos, é probablemente unha das mellores opcións para coñecer Ribeira Sacra. Dende logo unha das opcións máis relaxadas.

 

Durante os anos 50 e 60 construíronse os catro encoros desta zona: Belesar e Os Peares no río Miño, e San Pedro e Santo Estevo no Sil. 

No río Sil encontraredes os seguintes embarcadoiros: Santo Estevo (Nogueira de Ramuín), Abeleda (Castro Caldelas), Ponte do Sil (Monforte de Lemos) e Os Chancís (Sober).

E no río Miño encontraredes o embarcadoiro de Belesar (O Saviñao) e embarcadoiro dos Peares (Carballedo).

Son varios os deportes naúticos que se poden practicar nesta zona: piragüismo, balsismo, barranquismo ou simplemente gozar dalgunha das praias fluviais.